coccinélido -da
coccinélido -da
lat científico Coccinella
-
adx
Relativo ou pertencente aos coccinélidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto da familia dos coccinélidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM ]
Familia de coleópteros polífagos, de corpo plano por debaixo e abombado por riba. Son de cor escura, con manchas de cores vivas, de forma e número variables. Son grandes devoradores de afídidos e cóccidos, polo que se empregan no tratamento biolóxico destas pragas. Os representantes típicos da familia son as xoaniñas.