"fibro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

    1. Fracción da materia orgánica do solo que sufriu o proceso de humificación. É de composición variable e heteroxénea, as súas características fisicoquímicas (pH, permeabilidade, porosidade ou textura) son variables e condicionan os usos dos solos.

    2. Materia orgánica do solo.

    3. Materia orgánica case sen descompoñer, de natureza ácida e case sempre fibrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pelo das ovellas e carneiros que se emprega como materia téxtil despois de fiala e tecela.

      1. Fío de la.

      2. Tecido feito con la.

    2. Pelo que teñen algúns animais semellante á la.

    3. Especie de peluxe ou lanuxe que se forma en algo.

      1. Materia fibrosa de aspecto semellante ao da la.

      2. Material fibroso obtido a partir das escouras de fundición. Emprégase como illante térmico.

      3. Material inorgánico obtido a partir da mestura de dolerita (60%), rocha calcaria (20%) e carbón (20%), fundida a 1.600?C. É moi inerte e emprégase como substrato.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poza na que se enría as plantas de liño, cánabo, xute e outros vexetais fibrosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moble para durmir.

      2. Calquera lugar sobre o que se dorme.

    1. Base sobre a que se coloca algo.

      1. Fondo do mar, dun río ou dun lago.

      2. Espazo do río polo que discorren as augas.

      1. Capa de materiais dos cimentos dunha construción que se dispoñen a maior profundidade.

      2. Cara dun perpiaño ou ladrillo sobre a que se sitúa a fileira superior.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo basidiomiceto, que pertence ao xénero Lepiota, da familia das agaricáceas, que presenta un sombreiro mamelonado, de cor marrón, escamoso, un pé longo e fibroso e un veo que, na base se converte en bulbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámina, feixe ou cordón de tecido fibroso, compacto e pouco extensible, que serve de unión ás articulacións ou entre algunhas partes do óso ou cartílagos.

    2. Asociación de xenes que tenden a pasar dunha xeración a outra como un grupo unido, polo que non se segregan ao azar e non cumpren a terceira lei de Mendel.

    3. Disposición de entrelazado dos fíos de urdido coas pasadas de trama nos tecidos. Adoita repetirse regularmente ao longo e largo do tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.

      2. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.

      3. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.

      4. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.

      5. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.

      1. Planta semellante ao lirio.

      2. Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.

      3. Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alume sódico que se presenta en forma de agregados fibrosos, dunha cor branca e cunha brillantez sedosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lente cóncava-convexa.

    2. Fibrocartilar interarticular dunha forma máis ou menos semilunar, como o do xeonllo ou o da articulación esternoclavicular.

    3. Superficie dunha columna líquida dentro dun tubo estreito, que pode ser cóncava ou convexa, segundo o líquido molle ou non as partes do tubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome mieloproliferativo que se caracteriza por fibrose da medula ósea, hemopoese hepática e esplénica e osteosclerose. OBS: Tamén se denomina metaplasia mieloide.

    VER O DETALLE DO TERMO