la

la

lat lana

Plural: las
  1. s f

    Pelo das ovellas e carneiros que se emprega como materia téxtil despois de fiala e tecela.

  2. s f
    1. Fío de la.

    2. Tecido feito con la.

  3. s f

    Pelo que teñen algúns animais semellante á la.

  4. s f

    Especie de peluxe ou lanuxe que se forma en algo.

    1. s

      Materia fibrosa de aspecto semellante ao da la.

    2. la de escoura

      Material fibroso obtido a partir das escouras de fundición. Emprégase como illante térmico.

    3. la de rocha/mineral

      Material inorgánico obtido a partir da mestura de dolerita (60%), rocha calcaria (20%) e carbón (20%), fundida a 1.600?C. É moi inerte e emprégase como substrato.

    4. la de vidro

      Material fibroso formado por fibras de vidro, aglomeradas por medio de resinas. Emprégase como illante térmico e acústico.

Palabras veciñas

L L-cistationina L-ramnosa la la la la