"Orce" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 126.

    1. Utensilio para debuxar e escribir, constituído por unha mina de grafito incluída nunha barra cilíndrica ou prismática de madeira.

    2. Debuxo feito a lapis.

    3. Barra de material cosmético que se emprega para pintar os labios, as pálpebras dos ollos ou as cellas.

    4. Barra de pastel empregada na realización de debuxos sobre vidro esmerilado, porcelana ou esmalte cerámico sen vernizar.

    5. Lapis especial que se emprega en medicina para facer marcacións na pel.

    6. Lapis que se usa para debuxar sobre a pedra. Está formado por xabón, cera, sebo e negro de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de porcelana, cerámica vernizada ou outros materiais como o aceiro, cunha ou dúas billas, que se utiliza para o aseo persoal.

    2. Cuarto da casa destinado ao aseo persoal.

    3. Fonte situada nos claustros dos mosteiros na que os monxes lavaban as mans despois de xantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.

      1. Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.

      2. Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.

      3. Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.

      4. Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.

      5. Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.

      6. Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.

      1. Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión de figuras sobre porcelana visibles a contraluz.

    2. Placa de porcelana na que se imprimen figuras visibles a contraluz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torcer de forma alternativa a un ou a outro lado os dentes dunha serra para que corra ben a folla.

    2. Afiar unha serra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torcer unha vara verde.

    2. Arrimar o loro á xugada que máis pode.

    3. Empenar a madeira por efecto da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro mes do ano. No antigo calendario romano era o primeiro dos meses, consagrado ao deus da guerra, Marte, de quen deriva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula citolóxica que expresa a proporción porcentual das células que integran a medula ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos molósidos.

    2. Morcego da familia dos molósidos.

    3. Familia de morcegos que presentan un nariz sen lóbulos e unha cola que sobresae entre un medio e un terzo do uropataxio. Cando non están voando pregan as ás facendo case invisibles as membranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero voador, da orde dos quirópteros, que presenta as ás e a cola recubertas pola pel. Presenta hábitos nocturnos e aliméntase de insectos ou froita e oriéntase mediante un sistema de resonancia. Pertence á familia dos rinolófidos, dos vespertiliónidos e dos molósidos.

    2. Quiróptero, da familia dos vespertiliónidos, que presenta tamaño medio, fociño e orellas anchas e curtas. Vive en zonas boscosas e de montaña.

    3. Morcego, da familia dos rinolófidos, do xénero Rhinolophus, que se caracteriza por posuír un nariz con excrecencias cutáneas a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocación. OBS: Tamén se denomina rinolofo.

    4. Morcego, da familia dos vespertiliónidos, que presentan orellas curtas e anchas e pelame escuro. Viven na montaña repousando en ocos de árbores e nichos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO