"OCR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 366.

  • Aplícase a cada unha das seis pequenas eminencias situadas na porción endocranial do esfenoide, arredor da denominada cadeira turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento respiratorio verde do sangue de certos anélidos poliquetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conexión e ausencia de contradición entre as partes dun argumento.

    2. Actuación en conformidade co que se pensa.

    3. Grao de plausibilidade entre uns feitos observados e unha teoría que pretende explicalos.

    4. Propiedade dos fenómenos ondulatorios ópticos que consiste na constancia, ao longo do tempo, da diferenza de fase entre os compoñentes monocromáticos dun grupo de ondas, o que ten como consecuencia a produción de interferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se dá ou fai co fin de compensar a alguén.

    2. Redución do esforzo necesario para a corrección da posición de voo dunha aeronave.

    3. Forma de extinción das obrigas vencidas cando dúas ou máis persoas son por dereito propio, reciprocamente, acredoras e debedoras.

    4. Sistema de pagamento internacional que elimina a necesidade de uso de divisas.

    5. Operación que ten por obxecto eliminar as variacións de isocronismo de péndulos e volantes debidas a diferenzas de temperatura ambiente.

    6. Proceso psíquico que fai que o suxeito afronte as súas inferioridades, reais ou imaxinarias, esforzándose por desenvolver a función deficitaria ou destacar noutros campos. Se o proceso é de tipo patolóxico conduce ao delirio de compensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década de 1980 en EE UU que defendía unha noción positiva de liberdade, a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia e a creación de verdadeiras democracias participativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cranio de tipo cartilaxinoso que aparece en todos os vertebrados en estado embrionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade formada pola adhesión libre e voluntaria dun número variable de membros, que achegan capital e traballo para a realización dunha actividade económica e participan democraticamente das decisións e dos beneficios que poidan producirse.

    2. Sistema de socialización educativa que se basea na determinación dun obxectivo produtivo común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Galerida e Lullula, da familia dos aláudidos, que se caracteriza por presentar curupela, peteiro fino e algo longo e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

    2. Ave de plumaxe ocre, co peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas, que se alimenta fundamentalmente de invertebrados do chan.

    3. Ave de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na á a xeito de bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo. Presenta dúas partes ben diferenciadas: o neurocranio, que recobre o encéfalo, e o esplancnocranio ou esqueleto visceral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que aparece no tecido muscular e que intervén na cesión de enerxía para a contracción muscular.

    2. Sal que forma a fosfocreatina con ións metálicos.

    3. Encima que cataliza a fosforilación reversible da creatina polo ATP con formación de fosfocreatina.

    VER O DETALLE DO TERMO