cranio

cranio

lat tardío cranĭu gr κρανίον, dim de κράνος ‘elmo, casco’

Plural: cranios
s m [ANAT ]

Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo. Presenta dúas partes ben diferenciadas: o neurocranio, que recobre o encéfalo, e o esplancnocranio ou esqueleto visceral.