compensación
lat compensātiōne ‘compensación, cambio’
-
s
f
Aquilo que se dá ou fai co fin de compensar a alguén.
-
s
f
[AERON ]
Redución do esforzo necesario para a corrección da posición de voo dunha aeronave.
-
s
f
[DER ]
Forma de extinción das obrigas vencidas cando dúas ou máis persoas son por dereito propio, reciprocamente, acredoras e debedoras.
-
s
f
[ECON ]
Sistema de pagamento internacional que elimina a necesidade de uso de divisas.
-
s
f
[TECNOL ]
Operación que ten por obxecto eliminar as variacións de isocronismo de péndulos e volantes debidas a diferenzas de temperatura ambiente.
-
mecanismo de compensación
[PSIC ]
Proceso psíquico que fai que o suxeito afronte as súas inferioridades, reais ou imaxinarias, esforzándose por desenvolver a función deficitaria ou destacar noutros campos. Se o proceso é de tipo patolóxico conduce ao delirio de compensación.
Sinónimos
Citas
- Esixiulle unha compensación ao constructor por ter que pechar o negocio
Refráns
- A burro novo, aparello vello.
- A can pequeno, ÓSO grande.
- A casas vellas, portas novas.
- A mula vella, cabezada nova.
- A pequeno almallo, gran chocallo.