"Mine" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 505.

  • ariedade de cuarzo ou feldespato con finas láminas de hematita ou doutros minerais que lle dan reflexos avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos gádidos, co maxilar superior moi prominente. Posúe tres aletas dorsais e dúas aletas anais. Na base das aletas pectorais ten unha característica mancha negra. A cor é variable. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pa que se emprega para remexer e recoller as brasas da cheminea e dos braseiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos baños, especialmente aos medicinais.

    2. Establecemento de baños ou augas minerais, especialmente medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asento estreito e longo en que poden sentar varias persoas á vez.

      2. Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.

      1. Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar diversos traballos.

      2. Estrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas.

      1. Institución económica que acepta ou facilita fondos en préstamo.

      2. Oficina onde se desenvolven as actividades dunha entidade bancaria.

      3. Institución económica que ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia, facer de banqueiro ou caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir a xestión da débeda pública.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte prominente debaixo da queixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte prominente do maxilar inferior, situada debaixo da boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que forma parte da base na que se sustenta unha cousa ou que constitúe a súa parte esencial.

      1. Relativo ou pertencente ás bases.

      2. Propiedade das bases e das súas solucións que consiste en facer cambiar a cor dos indicadores de xeito que a cor acadada coincida coa cor da forma básica.

      1. Aplícase aos minerais en que a proporción de óxidos metálicos pasa do 50%.

      2. Aplícase ás rochas ígneas en que a proporción de sílice queda comprendida entre o 40 e o 50%.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o beizo inferior caído e máis prominente ca o superior.

    2. Labio inferior dos cabalos ou doutros animais cando ten semellanza co das cabalarías.

    VER O DETALLE DO TERMO