belfo -fa

belfo -fa

lat bifidu ‘bífido’

Plural: belfos Masculino: belfo Masculino plural: belfos Feminino: belfa Feminino plural: belfas
  1. adx

    Que ten o beizo inferior caído e máis prominente ca o superior.

  2. m

    Labio inferior dos cabalos ou doutros animais cando ten semellanza co das cabalarías.

Citas

  • A egua bateu co belfo contra un pao da cancela
  • Os indios localizados nesta zona do Amazonas son belfos

Formas incorrectas

guelfo -fa

Palabras veciñas

belenita beleño beleza belfo -fa belga belgradino -na belicismo