"Lac" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3534.

  • Acilación en que se fixa o grupo acetilo. Os axentes de acetilación máis importantes son: na célula viva, o acetilcoencima A, e na industria, o cloruro de acetilo e o anhídrido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efectuar unha acetilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado acetilado do coencima A (HS.CoA), que actúa como axente de acetilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo de triplo enlace, extremo da serie chamada acetilénica. É moi inflamable e produce co aire mesturas moi estourantes, tamén pode estourar cando se comprime. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico que se emprega como disolvente e como intermediario na fabricación de diversos produtos químicos e farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limpar algo con moito esmero.

    2. Dar o último pulimento a algo.

    3. Preparar ou adornar poñendo enfeites. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detención da circulación dos líquidos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno do equilibrio ácido/básico do organismo.

    2. Acidose metabólica, producida pola acumulación de corpos cetónicos como resultado dunha diabete melitus mal controlada.

    3. Acidose metabólica debida á acumulación de ácido láctico nos tecidos.

    4. Acidose producida pola retención ou o exceso de ácidos, pola perda de bases ou por dilución.

    5. Acidose metabólica que é consecuencia da alteración dalgún dos mecanismos renais reguladores do equilibrio ácido-básico do organismo.

    6. Anormalidade do intercambio gasoso a nivel do pulmón por hipoventilación alveolar.

    VER O DETALLE DO TERMO