acidose
acidose
ácido + -ose lat acĭdu ‘ácido’ + gr -ωσις ‘formación, conversión’
-
s
f
[PAT ]
Trastorno do equilibrio ácido/básico do organismo.
-
acidose diabética
[PAT ]
Acidose metabólica, producida pola acumulación de corpos cetónicos como resultado dunha diabete melitus mal controlada.
-
acidose láctica
[PAT ]
Acidose metabólica debida á acumulación de ácido láctico nos tecidos.
-
acidose metabólica
[PAT ]
Acidose producida pola retención ou o exceso de ácidos, pola perda de bases ou por dilución.
-
acidose renal
[PAT ]
Acidose metabólica que é consecuencia da alteración dalgún dos mecanismos renais reguladores do equilibrio ácido-básico do organismo.
-
acidose respiratoria/gasosa
[PAT ]
Anormalidade do intercambio gasoso a nivel do pulmón por hipoventilación alveolar.