"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

    1. Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. Teñen a misión de elixir o sucesor do papa tras a súa morte, nun conclave convocado con este fin.

      1. Ave da familia dos frinxílidos, de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.

      2. Cardeal coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo e as partes superiores gris azuladas.

      3. Cardeal co peito e mitra de cor carmín rosada e o resto do corpo castaña avermellada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico.

    2. Peza instrumental inspirada na música do carillón.

    3. Rexistro de órgano que consiste nunha serie de timbres que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.

    4. Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade que posúen certas persoas para atraer, seducir ou guiar aos demais.

    2. Don especial outorgado por Deus a un cristián prescindindo do seu grao xerárquico e destinado a influír socialmente na comunidade eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ehículo de transporte movido por tracción animal que consta do chedeiro e o rodal.

    2. Pequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.

    3. Carga ou conxunto de cousas transportadas por un carro.

      1. Aparello que se emprega nas embarcacións de pesca para largar e recoller as redes.

      2. Armazón de táboas sobre a que se deposita unha embarcación.

      3. Anaco de madeira situado no fondo da proa da dorna que se emprega para inclinar máis ou menos o pau da vela.

      1. Mecanismo dotado de movemento de translación que transporta unha ferramenta ou calquera outro elemento dun lugar a outro nunha máquina.

      2. Peza da máquina de escribir que avanza horizontalmente para mover o papel a medida que se pulsan as teclas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.

      2. Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

      3. Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

    1. Folla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.

    2. Documento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.

      1. Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

      2. Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.

      3. Representación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. En 1838 presentaron no parlamento a People’s Charter que reclamaba o sufraxio universal, o voto secreto e a limitacion das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que reúne unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia.

      1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.

      2. Funcionario civil ou eclesiático, que en Italia se encargaba da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de preparación para o bautismo e conxunto de elementos rituais e xurídicos que o configuran como unha institución eclesiástica.

    2. Condición de catecúmeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tres máis un.

    2. Que ocupa o cuarto lugar nunha serie.

    3. Representación gráfica dese número.

    4. Que indica unha pequena cantidade indeterminada de algo.

    5. Aplícase ás pezas para piano ou para outros instrumentos de teclado que poden ser interpretadas por dúas persoas nun mesmo instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto de censurar.

      1. Exame crítico do contido de determinadas obras que asegura que se respectan determinados límites.

      2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

      1. Cargo de censor na antiga Roma.

      2. Período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

      1. Acción de reprender aos demais pola súa conduta ou polas súas obras.

      2. Condena pública dunha doutrina teolóxica que pronuncia a Igrexa ou un corpo eclesiástico.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO