cardeal

cardeal

lat cardĭnāle ‘principal, fundamental’

Plural: cardeais
  1. s m [RELIX ]

    Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. Teñen a misión de elixir o sucesor do papa tras a súa morte, nun conclave convocado con este fin.

    1. s

      Ave da familia dos frinxílidos, de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.

    2. cardeal común [Pyrrhula pyrrhula]

      Cardeal coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo e as partes superiores gris azuladas.

    3. cardeal escarlata [Carpodacus erytrinus]

      Cardeal co peito e mitra de cor carmín rosada e o resto do corpo castaña avermellada.

Palabras veciñas

cardán cardar cardea cardeal cardealado cardén cardeña