"CIO" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6371.

  • Produción conxunta de diferentes tipos de enerxía no mesmo lugar no que van ser utilizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uranofosfato de calcio hidratado que cristaliza no sistema tetragonal, pero opticamente ten propiedades rómbicas. Preséntase en cristais tabulares illados ou en escamas. É dunha cor amarela verdosa e translúcida. Ten exfoliación perfecta. Presenta unha fluorescencia verde moi intensa baixo luz ultravioleta e é moi radioactiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Auvernia ou aos  seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Auvernia.

    3. Dialecto occitano caracterizado pola palatalización de ca e ga latinos. Presenta unha evolución fonética moi avanzada. O fenómeno máis notable é a serie de palatalizacións condicionadas que afectan a todo tipo de constantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presta os seus servizos nun traballo, acción ou función.

    2. Aplícase ao termo incidental que só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.

    3. Persoa que axuda a outra nun traballo.

    4. Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.

    5. Unidade non combatente.

    6. Tropas que combaten a carón das regulares dun ou máis estados en situación bélica formal, xeralmente formadas sobre a base de voluntarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.

    2. Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, entre outros, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais.

    3. Sacramentos administrados ao cristián en perigo de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato complexo de magnesio e calcio, de fórmula (Ca,Mg, Fe,Fe +3 ,Ti,Al) 2 (Si,Al) 2 O 6 , do grupo dos piroxenos. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son prismáticos, ou ben grans informes. É de cor negra, verdosa ou verde escura, segundo a cantidade de ferro que conteña. Encóntrase como mineral esencial en moitas rochas ígneas, especialmente nas volcánicas básicas (diabasas e basaltos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso reprodutivo das diatomeas, que acadan o talle crítico de viabilidade, que restaura o tamaño máximo da especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avaliar.

    2. Comprobación mediante determinadas probas da consecución dos obxectivos pedagóxicos propostos.

      1. alor atribuído a un ben ou un dereito.

      2. alor atribuído a un ben ou dereito obxecto de expropiación forzosa, establecido de mutuo acordo entre a administración e o interesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avanzar.

    2. Feito de ir cara a adiante.

    3. Partida ou unidade que marcha por diante do grupo principal das forzas.

    4. Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión.

    5. Fragmento breve de calquera programa que se insire dentro da emisión televisiva ou radiofónica.

    6.   Movemento relativo, nunha máquina-ferramenta, que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta.

    7. Diferenza de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de soldados que se adianta ao corpo principal para inspeccionar o terreo e observar de cerca ao inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO