auxiliar

auxiliar

lat auxiliāris

Plural: auxiliares
  1. adx

    Que presta os seus servizos nun traballo, acción ou función.

  2. adx [LING ]

    Aplícase ao termo incidental que só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.

  3. s

    Persoa que axuda a outra nun traballo.

  4. auxiliar de voo

    Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.

  5. corpo auxiliar [BÉL ]

    Unidade non combatente.

  6. tropas auxiliares [BÉL ]

    Tropas que combaten a carón das regulares dun ou máis estados en situación bélica formal, xeralmente formadas sobre a base de voluntarios.

Citas

  • Aprobou a oposición de auxiliar de biblioteca
  • Hai certas embarcacións que precisan da axuda de motores auxiliares
  • Traballa como auxiliar no instituto Rosalía de Castro