auxita
auxita
Plural:
auxitas
s
f
[MINERAL ]
Silicato complexo de magnesio e calcio, de fórmula (Ca,Mg, Fe,Fe +3 ,Ti,Al) 2 (Si,Al) 2 O 6 , do grupo dos piroxenos. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son prismáticos, ou ben grans informes. É de cor negra, verdosa ou verde escura, segundo a cantidade de ferro que conteña. Encóntrase como mineral esencial en moitas rochas ígneas, especialmente nas volcánicas básicas (diabasas e basaltos).