"atmo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 210.

    1. Relativo ou pertencente ás cianobacterias.

    2. Bacteria do filo das cianobacterias.

    3. Filo de bacterias fotosintéticas que posúen un sistema de pigmentos similares ao das eucariotas e con capacidade, polo xeral, de fixar o nitróxeno atmosférico. Trátase dun grupo moi diverso, con formas coloniais ou tamén filamentosas. OBS: Tamén se denominan algas azuis ou cianofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Serie de acontecementos ou fenómenos que se suceden e repiten ordenadamente.

    2. Período de tempo que xa se dá por concluído e a partir do que se comeza a contar de novo.

    3. Conxunto de actos culturais que se celebran en relación cun mesmo asunto ou tema.

      1. Conxunto de composicións poéticas, narrativas ou dramáticas relacionadas entre si segundo un criterio temático, cronolóxico ou mesmo de autoría.

      2. Conxunto de narracións ambientadas na Corte de Carlomagno e dos Doce Pares de Francia, que recibiu, así mesmo, o nome de materia carolinxia ou materia de Francia. A obra máis coñecida da materia carolinxia constitúea a Chanson de Roland.

      3. Conxunto de narracións medievais, en prosa e verso, que toman como eixe temático a guerra de Troia. A obra que lle serviu de inspiración ao ciclo troiano foi a Ilíada de Homero.

      1. verticilo.

      2. Número de membros, en filotaxe, dunha espira xeratriz.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de vento en rotación de carácter tempestuoso.

    2. Grande área de baixa presión na atmosfera que está formada, inicialmente, por unha masa de aire cálida e por unha masa de aire fría, separadas por unha fronte quente e por unha fronte fría que se reúnen no cume da ondulación (centro do ciclón).

    3. Separador de partículas sólidas suspendidas nun fluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modelo explicativo do conxunto de condicións atmosféricas e meteorolóxicas que se rexistran sobre un territorio nun período de tempo suficientemente longo como para poder considerar representativos os datos. Os climas caracterízanse segundo factores astronómicos, dinámicos e xeográficos.

    2. Clima de montaña da zona temperada onde predomina o factor altitude que determina a existencia de invernos fríos, cunha forte presenza de neve, e estíos frescos e chuviosos.

    3. Clima da zona polar do hemisferio norte.

    4. Clima oceánico do continente europeo.

    5. Clima propio das altas latitudes do hemisferio norte que se caracteriza polos invernos prolongados e rigorosos.

    6. Clima dos sectores interiores das masas de terra, que se caracteriza polas oscilacións térmicas pronunciadas e polo predominio das estacións equinocciais. As precipitacións son escasas e teñen lugar, principalmente, no verán, en forma de treboadas.

    7. Clima que presenta unha grande amplitude térmica anual e uns contrastes estacionais moi acusados.

    8. Clima que afecta a sectores moi reducidos da terra por mor da existencia dun factor xeográfico diferencial.

    9. Clima típico da zona mediterránea, que se dá nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude e que se caracteriza por veráns secos e cálidos, invernos suaves, e choivas que se presentan na primavera e no outono, a miúdo torrenciais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condensar ou condensarse.

    2. Paso dunha substancia do estado de vapor a un estado condensado, é dicir, ao estado líquido ou sólido.

    3. Aumento de densidade.

    4. Proceso en que se unen as dúas moléculas que van reaccionar.

    5. Proceso inconsciente que se produce durante o sono que, segundo a psicanálise, consiste nunha refundición de pensamentos ou contidos latentes nun só contido manifesto.

    6. Proceso que ten lugar durante a división celular e que leva ao empaquetado da cromatina interfásica en cromosomas metafásicos.

    7. Corpúsculos sobre os que se inicia a condensación de vapor de auga atmosférica en forma de gotas, cando o grao higrométrico é suficientemente alto pero non chega á saturación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contaminar ou contaminarse.

      1. Modificación das condicións dun medio por mor da inclusión de axentes biolóxicos, químicos e físicos novos.

      2. Perturbación do ambiente sonoro normal, orixinada por ruídos.

      3. Cambio na composición do aire atmosférico que é máis ou menos constante en todo o planeta e que nun 99% corresponde a unha mestura de osíxeno e nitróxeno.

      4. Conxunto de cambios nun ecosistema debidos á aparición de formas de vida alóctonas.

      5. Alteración do equilibrio dos ecosistemas acuáticos, con perturbación do seu ciclo natural polo ser humano, orixinada polo emprego abusivo da auga como vehículo de restos e residuos ocasionados pola actividade humana. 6

    2. Tipo de formación de palabras en que se mesturan ou combinan entre si dúas ou máis unidades lingüísticas para formar unha nova unidade.

    3. Introdución indesexable dun elemento, chamado contaminante, nunha aliaxe, de xeito que modifica negativamente as súas propiedades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contamina.

      1. Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo ou nun ecosistema.

      2. Produto químico ou material biolóxico que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.

      3. Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.

      4. Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.

      5. Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presión superior á atmosférica mantida á saída de certas máquinas de vapor destinadas a producir simultaneamente forza motriz e calefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento que se produce nun fluído polo movemento do conxunto das súas moléculas.

    2. Proceso que consiste na produción dunha corrente eléctrica por medio do transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico.

    3. Movemento vertical das masas de aire na atmosfera debido ao diferente grao de quecemento das capas de aire próximas ao solo.

    4. Teoría que explica a xénese do campo magnético terrestre baseándose na existencia de lentos movementos de convección no interior da Terra, orixinados polas diferenzas de temperatura das rochas radioactivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de converxer.

      2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.

    1. Calidade de converxente.

    2. Inversa da distancia focal dun sistema óptico que se mide en dioptrías. OBS: Tamén se denomina potencia.

    3. Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.

    4. Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes.

    5. Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais.

    6. Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha.

    7. Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO