contaminante

contaminante

contaminar

Plural: contaminantes
  1. adx

    Que contamina.

    1. s

      Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo ou nun ecosistema.

    2. contaminante de alimentos

      Produto químico ou material biolóxico que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.

    3. contaminante precursor

      Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.

    4. contaminante primario

      Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.

    5. contaminante secundario

      Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.

Citas

  • Coa instalación da nova empresa os riscos contaminantes son cada vez maiores