"Rus’" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 107.

      1. Loita armada entre dous ou máis países ou estados, ou entre grupos ou bandos dunha mesma nación.

      2. Guerra en que se empregan contra o inimigo bacterias, virus, fungos e outros, dispersados co fin de provocar os correspondentes efectos nocivos ou mortais sobre as persoas, gando e plantacións.

      3. Guerra entre os cidadáns dun mesmo país ou dun mesmo Estado.

      4. Guerra que se desenvolve no espazo exterior á Terra.

      5. Guerra en que se empregan armas nucleares.

      6. Loita armada, mantida durante a Idade Media, entre señores territoriais, soberanos, cidades ou vilas e que non afectaba á totalidade dun Estado.

      7. Guerra en que se empregan contra o inimigo diversas substancias químicas polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos.

      8. Estratexia de guerra (Blitzkrieg) desenvolvida polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, baseada nun avance rápido e sorpresivo de unidades terrestres combinadas co apoio da aviación.

      9. Guerra que se produce por motivos relixiosos, como a ğīhād islámica e as cruzadas cristiás.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos halosáuridos.

    2. Peixe teleósteo da familia dos halosáuridos.

    3. Familia de teleósteos haplones, abisais e fisoclistos que presentan aletas ventrais nunha posición abdominal. Engloba os xéneros Holosaurus, Holosauropsis e Aldrovandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso inflamatorio que afecta ao fígado. Pode producirse pola infección dun virus, por lesións hepáticas causadas por unha toxina, ou por danos hepáticos.

    2. Hepatite producida polo virus da hepatite A (VHA). Transmítese pola vía fecal-oral, por inxerir alimentos ou líquidos contaminados con mínimas cantidades de materia fecal e por contacto estreito entre as persoas.

    3. Hepatite producida polo virus da hepatite B (VHB). O virus atópase nos fluídos corporais, sangue, saliva, semen e outras secrecións, e transmítese por contacto directo con estes fluídos. Pode desencadenar en cirrose ou cancro hepático.

    4. Hepatite producida polo virus da hepatite C (VHC). O virus atópase nos fluídos corporais e transmítese por contacto directo con estes fluídos.

    5. Hepatite producida polo virus da hepatite D (VHD), que se transmite polo sangue e líquidos orgánicos, de forma similar ao VHB. Trátase dun virus moi virulento.

    6. Hepatite producida polo virus da hepatite E (VHE). Trátase dun virus transmitido a través dos alimentos ou de auga contaminada por materia fecal de individuos infectados, pero a diferenza do VHA non se propaga por estreito contacto de persoa a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación da pel causada por un virus de DNA do grupo Herpesvirus, integrada por moitas bochas transparentes que ao secar forman unha carapola. É a máis frecuente das infeccións cutáneas virais. O herpes simple ou labial chámase popularmente pansa. O herpes zóster, ou zona, é imputable ao mesmo virus ca a varicela e produce unha erupción cutánea que segue o traxecto do tronco nervioso que corresponde ao ganglio invadido. O herpes xenital é quizais a enfermidade de transmisión sexual máis contaxiosa.

    2. Nome que se aplica a diversas dermatoses, especialmente ao eccema papuloso ou eccema crónico circunscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos histrícidos.

    2.   Mamífero da familia dos histrícidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos  roedores, que se caracterizan polo feito de ter o corpo recuberto de pugas afiadas e longas que empregan como método de defensa. Inclúe os xéneros Hystrix, Atherurus e Trichys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicoproteína de orixe celular, que é capaz de inhibir a multiplicación de calquera virus nas células da especie da que provén, modular as reaccións inmunitarias, inhibir a formación de anticorpos e moderar o crecemento das células tumorais, especialmente dos sarcomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus que presenta o corpo moi alongado e comprimido.

    2. Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, de corpo branco, con puntos negros, alongado e comprimido, coa cabeza forte con ollos grandes, aleta dorsal curta e unha aleta adiposa próxima á base da aleta caudal.

    3. bolo común.

    4. Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, que presentan o corpo amarelo con puntos negros e alongados e comprimidos lateralmente, cos ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas.

    5. Peixe óseo, da familia dos alepisáuridos, de corpo verdoso con reflexos azulados, moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, ocupando case todo o dorso, en forma de abano e pel sen escamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación producida pola utilización de fariña composta con grans do tipo Lathyrus, que se manifesta na aparición de lesións neurolóxicas e unha grave evolución clínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus das aves e dos mamíferos, constituídos por ARN e cunha envoltura proteica. Poden ser axentes causantes de leucemias, sarcomas e outras enfermidades non neoplásticas, mentres que outros leucovirus semellan inocuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dor muscular.

    2. Enfermidade infecciosa producida polos virus Coxsackie do grupo B.

    VER O DETALLE DO TERMO