hepatite

hepatite

hepat- + -ite

Plural: hepatites
  1. s f [PAT ]

    Proceso inflamatorio que afecta ao fígado. Pode producirse pola infección dun virus, por lesións hepáticas causadas por unha toxina, ou por danos hepáticos.

  2. hepatite A [PAT ]

    Hepatite producida polo virus da hepatite A (VHA). Transmítese pola vía fecal-oral, por inxerir alimentos ou líquidos contaminados con mínimas cantidades de materia fecal e por contacto estreito entre as persoas.

  3. hepatite B [PAT ]

    Hepatite producida polo virus da hepatite B (VHB). O virus atópase nos fluídos corporais, sangue, saliva, semen e outras secrecións, e transmítese por contacto directo con estes fluídos. Pode desencadenar en cirrose ou cancro hepático.

  4. hepatite C [PAT ]

    Hepatite producida polo virus da hepatite C (VHC). O virus atópase nos fluídos corporais e transmítese por contacto directo con estes fluídos.

  5. hepatite D [PAT ]

    Hepatite producida polo virus da hepatite D (VHD), que se transmite polo sangue e líquidos orgánicos, de forma similar ao VHB. Trátase dun virus moi virulento.

  6. hepatite E [PAT ]

    Hepatite producida polo virus da hepatite E (VHE). Trátase dun virus transmitido a través dos alimentos ou de auga contaminada por materia fecal de individuos infectados, pero a diferenza do VHA non se propaga por estreito contacto de persoa a persoa.