"Mine" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 505.

    1. Que contén arxila ou é abundante en arxila.

    2. Que é semellante á arxila.

    3. Estrutura das rochas sedimentarias formadas por depósitos acuosos e elementos moi pequenos e de variada composición mineralóxica e química.

    4. Solo cunha proporción de arxila superior ao 30%.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso que resulta da destilación da feluxe das chemineas, e que é unha mestura de pirocatecol e doutros compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Asciano.

    2. Cultura de Bronce Antigo das rexións da Emilia e Toscana que se caracterizan por poboados pouco estables dedicados ao pastoreo, caza e explotación mineira dos recursos cupríferos. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armazón formada por dous paus atravesados en forma de X.

      1. Conxunto de dúas ou máis pas que se entrecruzan nas súas zonas centrais.

      2. Cada unha destas pas.

    2. Mecanismo propio dos muíños de vento en forma de X, composto por lenzos ao xeito de velas, que permite o movemento da roda.

    3. Cruz en forma de X que levaban os penitenciarios da Inquisición.

    4. Punto de intersección de dúas vetas de mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atraer.

      1. Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.

      2. Lei establecida por Newton que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación).

      1. Cada parte dun espectáculo en circo e en variedades.

      2. Máquina ou xogo que serve para divertir á xente.

    2. Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.

    3. Fenómeno polo que unha palabra ten tendencia a asimilarse morfoloxicamente a outra, cando ambas as dúas teñen unha relación sintáctica.

    4. Cambio brusco de dirección das liñas isóxenas en determinados lugares próximos a formacións xeolóxicas de certos minerais metálicos a causa da acción magnética destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ortosilicato de magnesio hidratado, de fórmula Mg 3 (Si 8 O 20 )(OH) 2 (OH) 4 ·4H 2 O. Mineral arxiloso de estrutura fibrosa. Pola súa capacidade absorbente emprégase como antidiarreico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decidir un pobo ou estado o seu destino político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral que ten a ganga con propiedades fundentes, polo que pode ser tratado nos fornos de fundición sen lle ter que engadir fundentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que se xera por si mesmo.

    2. Aplícase á soldadura de metais que se realiza sen intervención de materiais estraños, fundindo con soprete de osíxeno e acetileno as partes que se queren soldar.

    3. Aplícase aos  minerais que forman parte dunha rocha e que se formaron ao mesmo tempo que o resto da rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato complexo de magnesio e calcio, de fórmula (Ca,Mg, Fe,Fe +3 ,Ti,Al) 2 (Si,Al) 2 O 6 , do grupo dos piroxenos. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son prismáticos, ou ben grans informes. É de cor negra, verdosa ou verde escura, segundo a cantidade de ferro que conteña. Encóntrase como mineral esencial en moitas rochas ígneas, especialmente nas volcánicas básicas (diabasas e basaltos).

    VER O DETALLE DO TERMO