"Indus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

  • Base líquida incolora. A única variedade isomérica que ten aplicación industrial é a n-bultilamina, que se emprega na obtención de fármacos, emulsionantes e insecticidas e na industria do caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido butírico, ao butiraldehido ou aos produtos derivados destes.

    2. Aplícase a cada un dos dous ácidos carboxílicos saturados de catro átomos de carbono con fórmula empírica C 3 H 7 COOH. Algúns ésteres do ácido n-butírico son útiles en perfumaría e nas industrias farmacéutica e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de calcio impuro, que se emprega na construción, para depurar augas duras e como material refractario no recubrimento de fornos de alta temperatura. OBS: Tamén se denomina cal anhidro ou cal vivo.

    2. Pedra calcaria calcinada con propiedades semellantes ás do cemento.

    3. Hidróxido de calcio comercial, que se emprega na industria química, na construción e como funxicida e fertilizante. Mesturado con area ou pedra moída constitúe a argamasa.

    4. Mestura dos hidróxidos de calcio e de sodio que se emprega na industria e nos laboratorios pola súa propiedade para absorber o dióxido de carbono.

    5. Hidrato do sal dobre de hipoclorito e cloruro de calcio, que se emprega como oxidante, branqueador e desinfectante. OBS: Tamén se denomina pos de gas ou de branqueado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.

    2. Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.

    3. Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.

    4. Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.

    5. Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.

    6. Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.

    7. Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.

    8. Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.

    9. Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de producir calor ou de quentar un local.

      1. Conxunto de aparellos ou dispositivos destinados a quentar un local ou a producir calor nun proceso industrial.

      2. Calefacción na que unha fonte única de calor quenta unha caldeira na que hai un fluído que, por uns canos, se distribúe polas diferentes pezas a quentar. A calor é cedida ao aire por medio de radiadores, convectores ou outros dispositivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria prehistórica que se iniciou durante o Neolítico e perdurou ata finais do Bronce. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do éter monoetílico do etilenglicol utilizado como solvente industrial e como plastificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato para disolver dióxido de carbono nun líquido.

    2. Equipo industrial para a carbonatación do zume de difusión na fabricación de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.

    2. Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.

    3. Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.

    4. Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.

      1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.

      2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.

    5. Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.

    6. Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.

    7. Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO