"IATA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 139.

    1. Acción de executar.

      1. Aplicar a pena de morte.

      2. Actuación material para o cumprimento dos actos administrativos que pode principiar a mesma administración, como consecuencia da súa eficacia executiva inmediata.

    2. Proceso de elaboración dunha obra de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Narración, en verso ou prosa, de feitos marabillosos que adoita encerrar unha ensinanza moral. Xeralmente interveñen animais e elementos inanimados que actúan como se fosen seres racionais.

    2. Historia falsa ou sen fundamento.

    3. Texto dunha obra como a propia obra dramática na Antiga Roma. A cada xénero dramático correspondíalle un tipo de fábula. Así, había a fabula praetexta, que se ocupaba de lendas sobre a fundación e a historia de Roma; a fabula palliata, que partía da comedia grega nova; a fabula togata, que recreaba a vida de Roma; e a fabula trabeata, que tiña como personaxes a cabaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Último piso da casa situado inmediatamente debaixo do tellado e que adoita ser de madeira.

    2. Teito dun cuarto feito con táboas de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ocupa moito espazo ou moita superficie.

      2. Que ten un tamaño excesivo con respecto a outro.

    1. Que é moi alto ou forte.

    2. Aplícase á persoa adulta ou á que ten máis idade ca outra. Tm s.

      1. Que é moi forte ou intenso. OBS: Emprégase, fronte á forma apocopada gran, diante dos nomes en plural ou que comezan por vogal.

      2. Aplícase co significado de ‘maior’, cando este se emprega con sentido non material.

    3. Que está en moito número ou cantidade.

    4. Que é o principal ou o superior nunha serie de cargos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      4. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.

      5. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.

      6. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.

      7. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.

      8. Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.

    1. Nome que acompaña os títulos de certos estudos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución procesual, de orixe inglesa, que ten como finalidade pór a calquera persoa detida a disposición inmediata da autoridade xudicial competente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido celular subcutáneo.

    2. Capa constituída por estratos de células que pode haber inmediatamente baixo a epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na representación viva e inmediata dun obxecto ou dunha situación, ben a través de similitudes concretas ou ben por medio da mesma forza descritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sabre ou coitelo co mango decorado que empregaban os árabes e os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente estética iniciada e desenvolvida principalmente en Francia no último cuarto do s XIX que buscaba captar a impresión visual inmediata, desfacendo a diferenciación entre esbozo e obra definitiva, revolucionou os encadres e rompeu a simetría tradicional. Intentaba representar a luz actuando sobre as cores, con pinceladas breves de cores puras.

    VER O DETALLE DO TERMO