"Conso" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 188.

  • Estar en consonancia ou formar consonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De acordo con aquilo que se expresa.

    2. Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.

    2. Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas.

    3. Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servizos e bens públicos.

    4. Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Marido e muller un con respecto ao outro.

      2. Marido da princesa ou da raíña cando estas son as titulares da coroa.

    1. Persoa que participa da mesma sorte ca outra.

    2. Conxunto de persoas que conxuntamente son responsables dun delito.

    3. Cada un dos que litigan xuntos formando unha soa parte no proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consumir ou consumirse.

    2. Cousa que alguén consome nun establecemento de hostalaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que consome. Tm s.

      2. Axente económico que consome bens e servizos para satisfacer as súas necesidades.

      3. Organización de asesoramento e defensa dos consumidores.

    1. Organismo que se alimenta de materia orgánica procedente dos produtores, xa sexa directamente ou mediante intermediarios próximos a eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empregar o que se indica, algunha cousa no seu funcionamento ou algunha persoa nalgunha actividade.

    2. Inxerir alguén unha certa cantidade de comida ou de bebida.

    3. Facer máis reducido o volume dun corpo ou dunha substancia.

      1. Facer que alguén se debilite ou adelgace.

      2. Facer que alguén perda o seu vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.

    4. Reducirse o volume dun corpo ou dunha substancia.

      1. Poñerse alguén moi delgado e débil.

      2. Experimentar unha perda de vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición estrófica formada por catro versos especialmente heptasílabos, isométricos ou plurimétricos, con dúas rimas consonantes de disposición encadeada, abab, ou cruzada, abba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrofa de catro versos de arte maior que adoita empregar a rima consonante.

      1. Composición musical para catro instrumentos ou catro voces.

      2. Conxunto de músicos que interpretan unha peza musical para catro instrumentos ou voces.

    VER O DETALLE DO TERMO