consumir

consumir

lat consūmĕre

  1. v t

    Empregar o que se indica, algunha cousa no seu funcionamento ou algunha persoa nalgunha actividade.

  2. v t

    Inxerir alguén unha certa cantidade de comida ou de bebida.

  3. v t

    Facer máis reducido o volume dun corpo ou dunha substancia.

  4. v t
    1. Facer que alguén se debilite ou adelgace.

    2. Facer que alguén perda o seu vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.

  5. v pron

    Reducirse o volume dun corpo ou dunha substancia.

  6. v pron
    1. Poñerse alguén moi delgado e débil.

    2. Experimentar unha perda de vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.

Sinónimos

Citas

  • A calefacción consome bastante gasóleo, pero coa leña gastabamos máis, Pecha a billa cando te barbees para que non se consuma tanta auga, Consumimos dous meses do curso comentando o mesmo texto
  • A madeira que tiñamos para as brasas consumiuse de seguida, Deixamos a cazola ao lume e consumiuse a auga, O alcohol consómese se non pechas o bote
  • A soidade consumiuna desde que non están os fillos, Daquela consumíanme as ganas de regresar da emigración
  • Consumimos todas as patacas este ano
  • Levaba un par de anos sen vela e desde entón consumiuse e case non a recoñezo
  • O lume consumiu a auga do caldo
  • O traballo de tantas horas ao sol consumiuno
  • Se non lles dis o que lles trouxeches consómense
  • Tardaban en atendernos e marchamos sen consumir nada, OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto, Se non consomes, tes que pagar entrada
Conxugar
VERBO consumir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumo
consomes
consome
consumimos
consumides
consomen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumía
consumías
consumía
consumiamos
consumiades
consumían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumín
consumiches
consumiu
consumimos
consumistes
consumiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumira
consumiras
consumira
consumiramos
consumirades
consumiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumirei
consumirás
consumirá
consumiremos
consumiredes
consumirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumiría
consumirías
consumiría
consumiriamos
consumiriades
consumirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consuma
consumas
consuma
consumamos
consumades
consuman
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumise
consumises
consumise
consumisemos
consumisedes
consumisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumir
consumires
consumir
consumirmos
consumirdes
consumiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
consume
-
-
consumide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consumir
consumires
consumir
consumirmos
consumirdes
consumiren
Xerundio consumindo
Participio consumido
consumida
consumidos
consumidas