"CEI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1278.

    1. Acción e efecto de aloxar ou aloxarse.

    2. Lugar onde un está aloxado.

    3. Pousada que a poboación civil estaba obrigada a proporcionar aos soldados en tempo de guerra.

      1. Parte do soporte onde encaixa o anel exterior das chumaceiras de rodamento.

      2. Cavidade practicada nunha peza susceptible de aloxar total ou parcialmente outra peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irritar en exceso a alguén. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á resina en cuxa preparación, ademais de poliois e poliácidos, interveñen aceites ou ácidos graxos. Emprégase na industria de pinturas, especialmente para pintar maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.

    2. Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a un nivel máis alto. Tm v pron.

    2. Elevar algo a unha condición superior ou a un grao superior de intensidade.

    3. Incrementar o prezo dalgunha cousa.

    4. Construír algunha cousa que sobresae dunha superficie e que acada certa altura.

    5. Incitar á rebelión.

    6. Dispoñer follas ou pregos impresos e colocalos segundo unha orde para que poidan ser ligados.

    7. Levantarse en rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente, normalmente de barro, que serve para gardar o viño e mais o aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a entender a alguén a intención de lle facer mal.

    2. Poñer en perigo algo ou alguén.

    3. Anunciar a alguén un perigo ou castigo se actúa dun determinado xeito.

    4. Dar indicios de que vai suceder algo negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo branco e coriáceo e endocarpo leñoso, que contén unha única semente.

    2. Semente da amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades, moi rico en aceites e graxas vexetais.

    3. Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as cubertas leñosas.

    4. Semente non comestible da amendoeira amarga (P. amygdalus var amara) que ten aplicación en farmacia e na fabricación de esencias.

    5. Ornamento en xeral de forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer ameno algún sitio ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO