"Ball" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 956.

    1. Estudo ou traballo preliminar que serve de base á redacción definitiva dun proxecto.

    2. Proposta provisional que eleva un ministro ou conselleiro ao consello de ministros ou consello do goberno autónomo co fin de proceder á redacción definitiva dun proxecto de lei e á súa presentación no parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de anticiparse.

    2. Cartos anticipados.

    3. Empréstito reembolsable nun prazo fixado, cun tanto por cento de xuro convido e cunha garantía establecida principalmente sobre títulos.

    4. Dereito do traballador a recibir, previa xustificación, unha cantidade por anticipado a conta do seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antigo.

    2. Obxectos antigos.

    3. Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    4. Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha administración.

    5. O conxunto da cultura grecorromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de elementos que se combinan para realizar unha determinada función.

    2. aparato.

      1. Conxunto de utensilios necesarios para pescar.

      2. Conxunto de redes e panos de rede empregados para a extracción directa do peixe.

    3. Conxunto da arboradura, cordames e velames dun barco, que serve para empuxar este valéndose da forza do vento.

    4. Cada unha das diferentes máquinas formadas por combinación de poleas cun cabo que traballa polas súas roldanas, empregadas para vencer grandes resistencias con poucos esforzos.

    5. Instrumentos empregados na labranza, no carro ou no muíño.

    6. Arreos que se lles poñen ás bestas para poder montalas ou cargalas.

    7. Maneira de dispoñer os elementos empregados na construción dun muro, dunha parede ou das baldosas dun pavimento.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto exterior.

    2. Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que aprende algún oficio.

    2. Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

    3. Mozo que traballaba baixo a tutela dun mestre para aprender un oficio.

    4. Primeiro dos tres graos básicos da francmasonaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aro de carballo que serve para cerrar as portelas ou para arcoxar unha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partícula de rocha ou dunha substancia mineral.

    2. Extensión areosa chaira á beira do mar ou dun río.

      1. Rocha sedimentaria e detrítica que procede da sedimentación resultante da meteorización doutras rochas.

      2. Depósito formado por materiais soltos que deixan algunhas erupcións.

      3. Zonas húmidas, nas que os animais e as persoas corren o perigo de afundirse.

    3. Pos que os homes tiraban sobre os escritos para secalos.

    4. Pequenos cálculos eliminados polos ouriños na litiase renal.

    5. Mestura preparada con area e betún asfáltico líquido, á que se lle engade un filler.

    6. Area impregnada de hidrocarburos pesados e aceites minerais que poden servir como materia prima para a obtención de combustibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á area.

    2. Persoa que extrae, comercia ou traballa con area.

    3. Depósito de area que levan as locomotoras ou tranvías.

    4. Extensión dun terreo cheo de area.

    VER O DETALLE DO TERMO