"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Carnívoro, da familia dos félidos, de gran tamaño, membros robustos e esbeltos e fortes zarpas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, cabeiros moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é de cor ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, de pelaxe máis clara e non presenta guedellas. O león desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros e aliméntase principalmente de animais herbívoros.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade. Aparece na representación de cazarías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo do poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza ao evanxelista Marcos, que ten a súa orixe na visión do profeta Ecequiel narrada no seu libro.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta, a sinistra un pouco máis baixa. A súa posición habitual é a de rampante.

    2. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    3. Carnívoro pinípedo da familia dos otáridos, de gran tamaño, que presenta corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habitan no mar aberto formando manadas de moitos individuos e en época reprodutiva acércanse ás costas onde acaparan o maior número de femias formando haréns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas meninxes máis interiores (aracnoide e piamáter) que, xunto coa duramáter, recobren o cerebro e a medula espinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición.

      2. Permiso que ten alguén para facer algo.

      3. Desenvoltura ou naturalidade de movemento.

      1. Dereito fundamental mediante o que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións ou crenzas.

      2. Liberdade de xulgar sen imposición de dogmas nin de ditados.

      3. Estado dos cidadáns que son libres en todo aquilo que a lei non prohibe explicitamente.

      4. Situación de liberdade que se lle concede ao procesado durante a tramitación da causa, baseándose nos antecedentes penais e na natureza do delito.

      5. Dereito individual para profesar calquera crenza relixiosa e para manifestala a través de cerimonias litúrxicas.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que presenta follas alternas, pinnadas e lanceoladas, brillantes e coriáceas, flores de cor branca verdosa ou amarela agrupadas en inflorescencias en espiga e froitos en drupa, esféricos, comestibles e avermellados.

    2. Froito desta árbore que presenta un arilo carnoso e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lígures ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo lígur.

    3. Pobo da costa mediterránea establecido na parte SO da Galia Cisalpina, entre as actuais cidades de Marsella e La Spezia. Despois de longas guerras cos romanos, foron sometidos finalmente na época de Augusto (14 a C).

    4. ariedade lingüística galoitálica de Liguria, documentada en glosas, na onomástica e na toponimia. Presenta trazos dunha lingua preindoeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona, de natureza peptídica, segregada pola parte distal da hipófise dos mamíferos, que estimula a lipólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla pinnatífida que ten o lóbulo terminal máis groso ca o lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de chumbo, de cor vermella, que cristaliza no sistema tetragonal.

    2. Óxido de chumbo en forma de escamas dun vermello amarelo que se emprega na fabricación de minio e na preparación de pinturas antioxidantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de pintar sobre pedra.

    2. Pintura que se obtén por este procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento branco formado por sulfuro de cinc e sulfato de bario en proporcións aproximadamente equimoleculares, de gran poder cobertor, que se emprega en pintura industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO