liberdade
lat libertāte
-
s
-
Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición.
-
Permiso que ten alguén para facer algo.
-
Desenvoltura ou naturalidade de movemento.
-
-
-
liberdade de expresión
Dereito fundamental mediante o que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións ou crenzas.
-
liberdade de pensamento
Liberdade de xulgar sen imposición de dogmas nin de ditados.
-
liberdade individual
Estado dos cidadáns que son libres en todo aquilo que a lei non prohibe explicitamente.
-
liberdade provisional
Situación de liberdade que se lle concede ao procesado durante a tramitación da causa, baseándose nos antecedentes penais e na natureza do delito.
-
liberdade relixiosa
Dereito individual para profesar calquera crenza relixiosa e para manifestala a través de cerimonias litúrxicas.
-
liberdade vixilada
Medida aplicada nas penas de confinamento pola que o condenado queda en liberdade baixo a vixilancia da autoridade correspondente.
-
liberdades individuais/públicas
Conxunto de dereitos recoñecidos a toda persoa como fundamentais e inviolables nunha Constitución.
-
liberdades políticas
Conxunto de liberdades establecidas nos países democráticos que permiten aos cidadáns a participación nos asuntos políticos.
-
liberdade condicional
Beneficio outorgado a un recluso polo que obtén a liberdade antes de finalizar a condena. Pode estar concedida pola autoridade xudicial, administrativa ou penitenciaria.
-
liberdade de contratación
Principio polo que toda persoa con capacidade suficiente pode concluír contratos privados con plena autonomía, sempre que non atente contra as leis, a moral ou a orde pública.
-
liberdade de expresión
-
s
f
[FILOS ]
Posibilidade de decidir por un mesmo sobre a propia conduta e sobre o sentido ou a configuración da existencia, e que achega unha capacidade de elección entre diversas alternativas e unha facultade para trascender aquelas determinacións que se consideran alleas, extrínsecas e indebidas.
-
s
f pl
Confianza ou familiaridade excesiva que ten unha persoa con outra.
Citas
- Déronlle liberdade para elixir o horario de traballo
- Esta roupa permíteche correr con total liberdade
- Sempre tivo liberdade para actuar como mellor lle pareceu, Elixiu con total liberdade
Refráns
- A liberdade non hai quen a pague, porque non se sabe o que vale.
- Cabra coxa non precisa corda nin solta.
- Comer, a gusto; vestir, Ao uso.
- Feita a gaiola, morto o paxaro.
- Gaiola nova, paxaro vello.
- Non áte-Ia boca Ao boi que traballa.
- O amor non ten pechadura en celeiro nin en hucha.
- O boi ceibo ben se lambeo
- O boi sen corda pérdese axiña.
- O boi solto de seu se lambeo
- O que ten liberdade non. sabe o que ten, se é que o pensa ben.
- Pobre do can que polo rabo se deixa agarrar.
- Quen poida ser libre, non se cautive.
- Vale máis traco nun garabato que gordo no papo do gato.