"Edra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 643.

    1. Relativo ou pertencente ao románico.

    2. Aplícase ao primeiro estilo europeo do Occidente cristián medieval, que se practicou durante os ss XI, XII e XIII, e que afectou a todas as artes, e que se caracterizou en arquitectura por presentar muros macizos, arco de medio punto, bóveda de canón, ábsidas semicirculares cubertas con bóveda de pedra e planta de cruz latina.Tm sm.

    3. Conxunto de linguas derivadas do latín vulgar, como o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche e o romanés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde hai moitas pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de corindón de cor vermella, debido a pequenas cantidades de cromo.

    2. Pedra fina que se engasta en diversas partes do mecanismo dalgúns reloxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que medra ou habita en rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato de latón que produce ruído ao virar sobre un eixe dentado e que se utiliza nas hortas para escorrentar os paxaros.

    2. Utensilio para sulfatar en que se introducen unhas pedras, que fan ruído ao moverse, para que non se amazoque o sulfato.

    3. Muiño pequeno que bate leite ou chocolate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra picada, coa cara inferior horizontal e un lado cortado en plano inclinado, que se coloca na parte superior dun piar ou dun muro para recibir a primeira doela dun arco ou dun lintel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das litráceas, que presenta follas sésiles, opostas, pubescentes e lanceoladas e flores de cor maxenta dispostas en espigas terminais, e que medra en lugares moi húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que pertence ao xénero Salix, da familia das salicáceas.

    2. Árbore da familia das salicáceas que presenta a cortiza parda-grisácea, follas simples, alternas, lanceoladas e dentadas, flores dispostas en amentos e froito en cápsula.

    3. Salgueiro que presenta copa redondeada, follas simples, ovais ou elípticas, enteiras e dentadas, flores en amentos, e froito en cápsula, que medra en solos areosos e frescos.

    4. Salgueiro que presenta cortiza gretada de cor parda, pólas flexibles que colgan ata o chan, follas alternas, linear-lanceoladas e dentadas, flores unisexuais e amarelas, e froito en cápsula.

    5. Salgueiro que presenta cortiza de cor parda, follas enteiras, simples, alternas, lanceoladas, pecioladas, pubescente polo envés, flores unisexuais dispostas en amentos e froito en cápsula tomentosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, do xénero Sarcoronia, da familia das quenopodiáceas, articulada e suculenta, con follas opostas e escamosas, flores pequenas e froitos en aquenio, que medra en solos de elevada salinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO