"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

      1. Célula que resulta da fecundación dun gameto feminino por un masculino, totipotente para desenvolver un novo organismo que reproduce os caracteres xenéticos dos seus reprodutores. Presenta polaridade, co que é capaz de orientarse.

      2. Gameto feminino non fecundado.

      3. óvulo.

      1. Corpo redondo, coa casca máis ou menos calcaria, posto pola femia de ave, réptil ou mamífero monotrema.

      2. Ovo de galiña doméstica destinado a alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pagúridos.

    2. Crustáceo da familia dos pagúridos.

    3. Familia de crustáceos decápodos da infraorde dos anomuros, que inclúe especies co abdome sen cuberta quitinosa, polo que o protexen conservándoo dentro das cunchas baleiras de gasterópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Expresión emotiva moi forte e de grande intensidade que perturba o ánimo e a razón.

      2. Sufrimento de Xesús antes de morrer.

      3. Parte dos evanxeos onde se narran os últimos días da vida de Xesús Cristo.

      4. Composición musical sobre a narración evanxélica dos últimos días de Xesús Cristo, que se practicou cantada en canto plano e dedicada ao culto na Idade Media.

      1. Categoría aristotélica, contraposta á acción, que expresa o estado dun ente afectado pola acción doutro.

      2. Afección ou modificación do suxeito psíquico que se caracteriza por tal polarización da afectividade nun único sentimento que deixa debilitadas ou anuladas a capacidade de xuízo e a vontade.

      3. Emoción ou sentimento moi forte.

      4. Tendencia ou emoción sexual intensa, fortemente arraigada.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos palinúridos.

    2. Crustáceo da familia dos palinúridos.

    3. Familia de crustáceos, da orde dos decápodos, que presentan forte abdome e antenas espiñentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Antigo nome da familia das arecáceas.

      2. Planta da familia das arecáceas.

      3. Folla de palmeira, moi grande, pinnatisecta ou palmatisecta e cun pecíolo ou raque robusto.

    1. Folla de palmeira traballada coa arte da cestaría que se emprega, xunto ás pólas da oliveira e do loureiro, na bendición litúrxica dos ramos do domingo de Ramos.

    2. Folla de palmeira considerada símbolo de triunfo ou martirio.

    3. Parte flexora da man, comprendida entre os dedos e o pulso.

    4. Acción de golpear as mans, unha contra a outra, ao aplaudir ou ao seguir un compás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido a finais do s XIX entre os países árabes que defendía a solidariedade e a cooperación entre eles, primeiro fronte á dominación turca e logo fronte á colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero, da familia dos úrsidos, aínda que a súa posición filoxenética non está moi clara, que presenta o pelame branco manchado de negro arredor dos ollos, nas orellas, nas patas e en gran parte do abdome e do tronco, e cunha prolongación ósea que parece un sexto dedo que utiliza para comer bambú. OBS: Tamén se denonina panda xigante ou oso panda.

    2. Mamífero, da familia dos úrsidos, aínda que a súa posición filoxenética non está moi clara, que presenta cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título de distinción intelectual que se dá na India a algunhas persoas da clase brāhmana que posúen un dominio da literatura sánscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político grego que tras a Guerra de Independencia (1829), pretendía estender o dominio territorial ás antigas colonias de Asia Menor e da rexión balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave, da orde dos psitaciformes, que se caracteriza por ter o peteiro curvo, a lingua carnosa, catro dedos nas patas e a plumaxe moi vistosa. Se se domestica pode imitar a fala humana.

    2. Persoa que fala sen mesura.

    VER O DETALLE DO TERMO