"DOM" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 774.
-
-
Relativo ou pertencente ao Oligoceno.
-
Última serie ou época do Terciario Inferior, situada entre o Eoceno e o Mioceno, en que predominan os materiais detríticos con abundancia de tramos arxilosos, ademais de calcarios lacustres e evaporitas. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para medir lonxitudes de onda ou frecuencias de ondas radioeléctricas, que consta dun circuíto oscilante cunha frecuencia que pode ser axustada mediante un condensador variable calibrado, e pode ser de resonancia ou de absorción.
-
-
Acción e efecto de organizar ou organizarse.
-
Maneira de estar disposto algo.
-
Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.
-
Conxunto de órganos e dependencias en que se estruturan as administracións públicas.
-
Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, baseadas na análise, avaliación e asignación do traballo.
-
Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, sexa espazo urbano, espazo rural, infraestrutura ou parque.
-
Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son impersoais e indirectas, e o papel de cada individuo escóllese segundo a súa eficiencia e efectividade.
-
Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa, para conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.
-
Entidade específica que denota unha situación estruturada de funcionamento e unha interrelación entre os seus compoñentes, que posúen características que non se manifestan fóra desta unidade.
-
Conxunto de entes públicos territoriais en que se estrutura un estado ou unha comunidade autónoma.
-
...
-
-
-
Calidade de ortodoxo.
-
Profesión da fe cristiá tal como a Igrexa a ensina e define, en oposición ás opinións heréticas e heterodoxas.
-
Opinión que se concilia co pensamento dun mestre, cos enunciados dunha doutrina ou cos datos dunha relixión.
-
Conmemoración da vitoria sobre a iconoclastia e da restitución do culto ás iconas, establecida en 842 pola emperatriz Teodora, que a Igrexa ortodoxa celebra o primeiro domingo de Coresma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronuncia correcta dunha lingua que adopta como base a variante lingüística propia dunha cidade ou dunha rexión determinada, que adoita ter un peso cultural específico no seu dominio lingüístico.
-
-
Relativo ou pertencente aos osteíctios.
-
Peixe da clase dos osteíctios.
-
Clase de cordados do subtipo dos vertebrados que inclúe os peixes que posúen tecido óseo, en proporción variable, no seu esqueleto interno. Son mandibulados coa boca en posición terminal. É característico deste grupo a presenza dun pulmón, que pode funcionar como tal, desaparecer ou cumprir as funcións de vexiga natatoria. Desde o punto de vista ecolóxico, o éxito evolutivo conseguido polos peixes óseos no dominio de toda clase de medios acuáticos é enorme, tanto na súa diversificación como no número de individuos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se caracteriza pola substitución do tecido óseo por tecido conxuntivo fibroso. É frecuente en certos animais domésticos.
-
-
Relativo ou pertencente aos osteostráceos.
-
ertebrado fósil da orde dos osteostráceos.
-
Orde de vertebrados pisciformes fósiles, da clase dos cefalaspidomorfos, que presentan a cabeza de gran tamaño, ancha e deprimida, un só orificio nasal e tubérculos dérmicos fusionados formando placas poligonais. Habitaron desde o Silúrico Superior ata o Devónico.
-
-
-
Proceso de formación de tecido óseo que resulta da transformación das células do tecido conxuntivo en osteoblastos con actividade metabólica.
-
Enfermidade hereditaria, transmitida de maneira autosómica dominante, que se caracteriza por unha formación defectuosa da matriz ósea, feito que comporta unha gran fraxilidade dos ósos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ostomátidos.
-
Insecto da familia dos ostomátidos.
-
Familia de insectos pterigotos, da orde dos coleópteros, que pesentan a cabeza moi metida dentro do tórax, as antenas curtas con ápice groso, o protórax amplo, as patas curtas e élitros que cobren todo o abdome, en xeral, de cor negra brillante, e que habitan no interior dos troncos vellos, nos fungos e en diversas substancias vexetais.
-