osteíctio -tia
osteíctio -tia
oste- + gr ιχθύς ‘peixe’
-
adx
Relativo ou pertencente aos osteíctios.
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
Peixe da clase dos osteíctios.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT ]
Clase de cordados do subtipo dos vertebrados que inclúe os peixes que posúen tecido óseo, en proporción variable, no seu esqueleto interno. Son mandibulados coa boca en posición terminal. É característico deste grupo a presenza dun pulmón, que pode funcionar como tal, desaparecer ou cumprir as funcións de vexiga natatoria. Desde o punto de vista ecolóxico, o éxito evolutivo conseguido polos peixes óseos no dominio de toda clase de medios acuáticos é enorme, tanto na súa diversificación como no número de individuos.