"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

  • Tendencia evolutiva dos animais para diferenciar unha rexión anterior do corpo en que se localizan as estruturas e funcións nerviosas, os órganos dos sentidos e os apéndices bucais, e que se converte no polo motor, sensitivo e nutritivo do animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cefalodíscidos.

    2. Pterobranquio da orde dos cefalodíscidos.

    3. Orde de hemicordados, da clase dos pterobranquios, que comprende individuos mariños coloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Privar a alguén da vista de forma permanente.

      2. Deixar a alguén sen vista momentaneamente.

    1. Quitar alguén a capacidade de entender ou razoar. Tm v pron.

    2. Producir unha forte impresión. Tm v pron.

    3. Tirar o gume dun instrumento cortante. Tm v pron.

    4. Perder a vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está privado do sentido da vista. Tm s.

      1. Que perdeu a capacidade de entender ou razoar.

      2. Que está arrebatado por unha paixón desmesurada.

      3. Aplícase ao sentimento que trastorna a mente.

    2. Que non percibe o que é evidente.

    3. Aplícase ao instrumento de corte que ten o gume derramado.

      1. Divertículo en forma de saco, cerrado nun extremo, que está presente en órganos de diversos animais.

      2. Primeira porción do intestino groso.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.

    2. Pequeno compartimento das entenas que constrúen algúns himenópteros no seu interior, e que amais de servir como almacén, críanse as larvas.

    3. Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.

    4. Pequeno compartimento dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.

    5. Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación.

    6. Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.

    7. Pequeno mosteiro independente da Alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar.

    8. Elemento de volume do espazo físico.

    9. Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.

    10. Dispositivo en que se consegue que teña lugar unha reacción química grazas ao abastecemento de enerxía eléctrica ou no que se produce enerxía eléctrica a partir de enerxía liberada por unha reacción química que ocorre espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento e estudo da lingua, da literatura e da cultura celta.

    2. Teoría lingüística que afirma que moitas das linguas modernas proveñen de linguas célticas.

    3. Palabra ou xiro propios das linguas célticas que pasou a outras linguas que estaban en contacto.

    4. Movemento político, social e cultural que defende a pervivencia dunha cultura ou “espírito” celta en diferentes comunidades etnonacionais e/ou relixiosas do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cómputo estatístico dunha poboación ou de calquera ben moble ou inmoble, realizado sobre unha base territorial determinada e nun momento concreto con fins demográficos, fiscais, electorais ou como instrumento de planificación política.

      2. Reconto oficial e periódico da poboación dun territorio determinado que ten como obxectivo coñecer o tamaño, a distribución e as características da poboación nun momento concreto.

      3. Conxunto de operacións que tenden a compilar e publicar os datos relativos a todos os recintos dun determinado territorio destinados á habitación humana, xa se conciban como tales ou non.

      4. Documento público en que constan os electores con dereito a sufraxio.

      1. Imposición ou prestación periódica, en cartos ou en especie, que afecta tanto á orde tributaria ou fiscal como á contractual.

      2. Contrato agrario de carácter perpetuo ou temporal polo que se concedía o dominio dunha propiedade ou da explotación dun ben inmoble a cambio dunha renda en diñeiro ou en especie.

    1. Enumeración dunha subpoboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto de censurar.

      1. Exame crítico do contido de determinadas obras que asegura que se respectan determinados límites.

      2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

      1. Cargo de censor na antiga Roma.

      2. Período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

      1. Acción de reprender aos demais pola súa conduta ou polas súas obras.

      2. Condena pública dunha doutrina teolóxica que pronuncia a Igrexa ou un corpo eclesiástico.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suprimir ou prohibir algo por consideralo inconveniente algún poder establecido.

    2. Reprender ou reprobar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a configurar o campo perceptivo ao redor dun punto onde se fixa a máxima atención.

    VER O DETALLE DO TERMO