"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

  • Aparato mecánico que serve para extraer o leite dos tetos do gando doméstico, especialmente das vacas. Actúan xeralmente por succión e presión combinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos muxílidos.

    2. Peixe da familia dos muxílidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo afusado e robusto, de cabeza plana pola parte superior, de beizos carnosos e de dentes pequenos. Son peixes de costumes peláxicos, que se alimentan de invertebrados e de algas e poden penetrar en zonas de polución doméstica e en portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nabateos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nabateo.

    3. Pobo semita, situado na rexión NO da península arábiga, que constituíu importantes centros mercantís cos que dominou as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o mar Vermello a finais do s IV a C.

    4. Lingua semítica que se considera dialecto do arameo occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP) que, dirixido por A. Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Os puntos básicos da súa ideoloxía eran o racismo, a idea do Terceiro Reich, a apoloxía da violencia e da guerra e o antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás naves e á navegación.

    2. Industria da construción naval, en que predomina a realización de barcos cisterna, petroleiros ou destinados a gases líquidos, barcos de carga especializados e barcos de carga xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento estético de base intelectual, orixinado polo desgaste das fórmulas do barroco final na segunda metade do s XVIII, que se caracterizou polo predominio das formas e dos temas derivados do clasicismo helénico e pola preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor.

    2. Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por Behrens, A. Loos e Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica, que utilizaron nas súas primeiras obras.

    3. Movemento musical, desenvolvido entre 1918 e 1939, que consistiu nun retorno á música barroca e clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parasimpatomimético constituído por uns pos brancos e inodoros que se empregan en caso de íleo e para previr a atonía postoperatoria.

    2. Análogo sintético da fisostigmina, inhibidor do encima colinesterase que se emprega no tratamento da atonía abdominal e na miastenia grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Refrixerador, especialmente o de uso doméstico, que se dedica a manter frescos alimentos ou bebidas ou a poñelos a arrefriar.

    2. Lugar moi frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excreción urinaria de predominio nocturno, que é un dos signos de insuficiencia cardíaca conxestiva e de insuficiencia renal crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo ruminante, da familia dos bóvidos, que ten a barbela, os beizos, a gorxa, a rexión abdominal e dúas franxas sobre os pezuños de cor branca. É gregario, e habita en paraxes de vexetación herbácea e en bosques claros.

    VER O DETALLE DO TERMO