muxílido -da
muxílido -da
lat científico Mugil
-
adx
Relativo ou pertencente aos muxílidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
Peixe da familia dos muxílidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT ]
Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo afusado e robusto, de cabeza plana pola parte superior, de beizos carnosos e de dentes pequenos. Son peixes de costumes peláxicos, que se alimentan de invertebrados e de algas e poden penetrar en zonas de polución doméstica e en portos.