"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois, que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos compostos orgánicos cíclicos, con anel ou aneis formados unicamente por átomos de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto hipotético de fórmula HN=C=NH, do que se coñecen derivados estables.

    2. Nome sistemático da cianamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de cristais incoloros utilizados como intermediarios en sínteses orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia combustible, sólida, lixeira e negra, que é produto da descomposición incompleta, da destilación ou da combustión parcial da materia orgánica, principalmente vexetal.

      2. Carbón que posúe un alto poder de absorción selectiva.

      3. Carbón que se obtén por medio da carbonización de tecidos animais.

      4. Residuo que se obtén da destilación seca dos carbóns bituminosos ou dalgúns combustibles.

      5. Materia mineral sólida e combustible de orixe vexetal, de cor negra. Está composto de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e outros compoñentes non volátiles.

      6. Carbón que se obtén pola carbonización da madeira.

    1. Brasa que xa está apagada.

      1. Lapis coa mina de carbón que se emprega para debuxar e que se presta a unha ampla variedade de tons.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.

    2. Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.

    3. Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.

    4. Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.

      1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.

      2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.

    5. Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.

    6. Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.

    7. Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica.

    2. Cada un dos tres isómeros do dicarbadodecaborano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar un carburante co aire en proporción conveniente, de xeito que a mestura resultante sexa inflamable e combustible.

    2. Enriquecer con carbono un metal.

    3. Impregnar de compostos volátiles de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto binario de carbono no que este elemento se une a outro de electronegatividade semellante ou menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta bienal, da familia das dipsacáceas, de follas opostas, enteiras e cubertas de aguillóns.

    VER O DETALLE DO TERMO