"ecto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 5699.

  • Peixe de cor dourada cunha mancha negra no centro do flanco, da familia dos zeidos, que presenta a boca protráctil, as aletas pectorais curtas e filamentos sobre a aleta dorsal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chama azulada producida pola electricidade atmosférica que aparece ás veces nos extremos de obxectos en punta cando hai tormenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi santo.

    2. Que é digno de respecto e veneración, na relixión católica.

    3. Hostia consagrada que representa a Xesús Cristo na eucaristía. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    4. Título honorífico dado ao papa e a algúns patriarcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.

    2. Atributo da divindade, na medida en que é sumamente venerable.

    3. Que se fai conforme á relixión.

    4. Que produce un efecto bo e saudable.

    5. Aplícase a todo aquilo que se relaciona con Cristo, coa Igrexa, cos seus sacramentos e coas súas crenzas.

    6. Persoa que destacou en vida pola súa virtude, e despois de morta foi declarada pola Igrexa digna de loanza. Tm adx. OBS: A forma santo adoita empregarse diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por vogal.

    7. Imaxe que representa un santo.

    8. Persoa que é moi boa.

    9. Día en que se celebra a festa dun santo.

    10. Ilustración dunha publicación.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erupción na pel, caracterizada pola formación de burbullas ou ronchas.

    2. Inchazón que provoca a picadura dun insecto ou doutro animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sardeña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sardeña.

    3. Lingua románica que se fala na illa de Sardeña e que comprende os dialectos sasarés e galurés ao N; logudorés e nuorés no centro; e campidanés ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe perciforme, da familia dos espáridos, que presenta o corpo de cor gris prata, con bandas pardas lonxitudinais e unha banda transversal negra sobre a cola.

    2. Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado, de cor gris, a aleta caudal alta e de lonxitude igual á da cabeza, e as aletas pectorais máis longas ca as pélvicas.

    3. Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado e prateado e o fociño alongado, rematado nunha pequena boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia endurecida acumulada por sedimentación no interior dos recipientes que gardan viño e outros líquidos.

    2. Substancia negra e graxa que desprende o fume e que se adhire aos obxectos.

    3. Substancia amarelada, de natureza calcaria, dura e adherente, que se acumula nos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta.

      2. Aparato que describe unha órbita arredor dun planeta ou, por extensión, ao redor dun satélite, con fins militares, científicos ou de comunicación.

    1. Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro. Tm s m.

    2. Que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria. Tm s, referido a órgano.

    3. Elemento morfolóxico redondeado presente en certos cromosomas, que está separado do resto por un filamento cromatínico.

    4. Aplícase ás lesións secundarias e próximas a unha lesión primitiva. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos satíridos.

    2. Insecto lepidóptero da familia dos satíridos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que presenta unha coloración parda, negra ou branca, e as veas das ás anteriores engrosadas na súa base.

    VER O DETALLE DO TERMO