satélite

satélite

lat satellĭte ‘membro dunha escolta’

Plural: satélites
    1. s

      Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta.

    2. satélite artificial [COSMON ]

      Aparato que describe unha órbita arredor dun planeta ou, por extensión, ao redor dun satélite, con fins militares, científicos ou de comunicación.

  1. adx

    Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro. Tm s m.

  2. adx [ANAT ]

    Que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria. Tm s, referido a órgano.

  3. s m [BIOL ]

    Elemento morfolóxico redondeado presente en certos cromosomas, que está separado do resto por un filamento cromatínico.

  4. adx [PAT ]

    Aplícase ás lesións secundarias e próximas a unha lesión primitiva. Tm s.