"presenta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4014.

    1. Relativo ou pertencente aos cainotéridos.

    2. Mamífero da familia dos cainotéridos.

    3. Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos, que se caracteriza por medir uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pregunta pola identificación de algo ou alguén de entre todos os que hai.

    2. Introduce, precedido do artigo determinado, unha oración que representa o substantivo a que se refire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, que pertence ao xénero Calamintha, da familia das lamiáceas, que presenta follas ovadas e flores dispostas en inflorescencias no extremo da planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Calandrella e Melanocorypha, da familia dos aláudidos, de peteiro forte e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

    2. Calandra de peteiro groso e colar negro no pescozo.

    3. Calandra de peteiro curto.

    4. Calandra de peteiro curto e apuntado, que presenta unha mancha negra no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén cal.

      1. Relativo ou pertencente ás calcarias.

      2. Esponxa da clase das calcarias.

      3. Clase de esponxas mariñas, con representantes do tipo ascón, sicón e leucón, con espículas de carbonato cálcico aciculares ou con tres ou catro raios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.

    2. Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.

    3. Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.

    4. Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.

    5. Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.

    6. Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.

    7. Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.

    8. Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.

    9. Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato hidratado de cobre, que se presenta en cristais tabulares de cor azul ou verde e brillo nacarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de calcular.

      1. Conxunto de métodos que, aplicados a unha colección de símbolos ou números, permiten obter o resultado dunha operación ou, en xeral, dun problema.

      2. Método de cálculo baseado na substitución das cantidades numéricas ou funcións por representacións gráficas (curvas).

      3. Serie de métodos que permiten obter aproximacións das solucións dun problema matemático.

    2. Avaliación non exacta.

    3. Concreción sólida formada principalmente a expensas dos sales contidos nos líquidos do organismo, que produce a miúdo inflamacións e cólicos e predispón ás infeccións de ril e vexiga.

    4. Conxunto de operacións necesarias para determinar a posición do observador a partir da vista dun astro ou dunha estrela.

    5. Cuantificación, comparación e regulación dos datos económicos coa finalidade de calcular unha óptima asignación de recursos produtivos, atendendo ao valor do custo dos recursos e ao valor xerado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfocarbonato de chumbo e cobre, que cristaliza no sistema rómbico e se presenta en pequenos cristais moi brillantes, de cor azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba do xénero Calendula, da familia das asteráceas, que pode ser perenne ou anual. Presentan flores en capítulos vistosos, solitarios, de cor amarela e froitos en aquenio, sen vilano.

    VER O DETALLE DO TERMO