"APL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3790.

    1. Que se deixa sen cultivar.

    2. Que carece de utilidade ou resulta ineficaz.

    3. Aplícase ás terras que non foron repartidas, durante a Idade Media, tras a súa conquista aos musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de baleirar.

    2. Procedemento para a reprodución de esculturas ou relevos que consiste en aplicar ao modelo xeso ou materiais semellantes esperando a que endureza, conseguindo así un molde que permitirá obter copias do orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao neno que formaba parte da Falange Española na época anterior á Guerra Civil Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as propiedades do bálsamo.

    2. Que contén bálsamo.

    3. Que exhala aroma de bálsamo.

      1. Aplícase á substancia que ten consistencia de bálsamo e acción antigonorreica.

      2. Aplícase ao medicamento que contén aceites esenciais antisépticos e tonificantes do aparato respiratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pía ou recipiente que serve para bañarse as persoas.

    2. Recipiente que pode ter diferentes formas ou tamaños segundo a súa utilización.

    3. Cavidade descuberta de certas embarcacións menores onde se instala o patrón e desde onde se empuña o temón.

    4. Pequeno recipiente que se utiliza para a aplicación de solucións medicamentosas nos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación escrita en linguaxe Java que amosa unha ventá, en que con gran rapidez e de forma secuencial se amosan enderezos da Internet que se poden visitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bañar ou bañarse.

    2. Líquido en que alguén se dá un baño.

    3. Recipiente para bañarse.

    4. Cuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse.

    5. Instalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal.

    6. Revestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película doutra substancia para embelecelo ou protexelo.

    7. Artesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación.

    8. Operación tecnolóxica que consiste en cubrir un produto alimentario con outro, formando un envoltorio definitivo.

    9. Exposición total ou parcial do corpo á acción de radiacións de diversa índole.

    10. Pasta pictórica líquida e transparente que se aplica sobre a pintura xa seca e traballada.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Baco ou aos seus ritos.

    2. Aplícase ao consumo excesivo de viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica decorativa utilizada en cerámica que consiste nuns trazos en relevo que se obteñen aplicando pequenas porcións do mesmo barro, aínda que máis diluído, formando mamadeiras, molduras e motivos figurativos.

    VER O DETALLE DO TERMO