bañeira

bañeira

bañar

  1. f

    Pía ou recipiente que serve para bañarse as persoas.

  2. f

    Recipiente que pode ter diferentes formas ou tamaños segundo a súa utilización.

  3. f [MAR ]

    Cavidade descuberta de certas embarcacións menores onde se instala o patrón e desde onde se empuña o temón.

  4. bañeira ocular [MED ]

    Pequeno recipiente que se utiliza para a aplicación de solucións medicamentosas nos ollos.

Citas

  • Metinme na bañeira para tomar un baño relaxante despois de vir do traballo
  • Na miña casa utilizan unha bañeira de madeira para salgar o porco, Comprou unha bañeira de plástico para tinguir a saia de verde

Palabras veciñas

bandullada bandullo bandurra bañeira baneiro banelo bañense