"aio" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 956.

    1. Estado ou característica propia do analfabeto.

    2. Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion.

    3. Proporción de analfabetos sobre a poboación total de maiores de 15 anos e que distingue a poboación feminina da masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Anatolia.

    2. Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.

    2. Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode vivir no medio terrestre e no acuático.

      1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

      2. ertebrado da clase dos anfibios.

      3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (feito que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. Viven en zonas máis ou menos húmidas e son maioritariamente nocturnos. Na maioría das especies ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre.

      1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

      2. ertebrado da clase dos anfibios.

      3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (feito que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. Viven en zonas máis ou menos húmidas e son maioritariamente nocturnos. Na maioría das especies ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre.

    2. Operación militar conxunta en que participan forzas navais e terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.

    2. Ángulo menor ca o recto.

    3. Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.

    4. Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.

    5. Ángulo maior ca o recto.

    6. Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.

    7. Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.

    8. Ángulo que ten os lados perpendiculares.

    9. Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anións.

    2. Deterxente a base dun tensoactivo aniónico.

    3. Composto tensoactivo, en que a parte de maior actividade superficial da molécula se localiza no anión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto que está diante da sala de recepción, nun local público.

    2. Sala que precede a outra de maior entidade.

    3. Espazo que precede á cámara do navío.

    4. Cámara auxiliar de pequeno volume na que, nos motores con precombustión, desemboca o inxector. OBS: Tamén se denomina cámara de precombustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muro baixo que se levanta diante do muro principal para maior defensa das murallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Placa metálica dun tubo de Crookes oposta ao cátodo, onde se producen os raios X ao chocar nel os raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo de altas presións rodeado por un sistema de isobaras pechadas dun raio de entre 350 e 2.000 km. O aire descende paseniño e, na superficie, o vento segue a dirección das isobaras, de xeito que polo efecto de Coriolis, ten o sentido do movemento das agullas do reloxo no hemisferio norte e o sentido contrario no hemisferio sur.

    VER O DETALLE DO TERMO