"Vermella" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

  • Peixe, da familia dos espáridos, de cor vermella, coa base da parte espiñenta da aleta dorsal branquiña e a anal cunha estreita marxe branca; e o bordo do lóbulo inferior da aleta caudal branco. O seu corpo é oblongo; presenta uns ollos moi grandes, que teñen un diámetro maior ca a lonxitude do fociño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Coffea, da familia das rubiáceas, que presenta follas opostas, lanceoladas, duras e de cor verde escura, flores hermafroditas, brancas e cheirentas, e froitos en baga vermella con dúas sementes, o café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade da cuprita que se atopa en forma de filamentos capilares de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de radiación visible dun corpo que foi sometido a unha radiación infravermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, arbusto ou planta gabeadora do xénero Camellia, da familia das teáceas, que se cultiva para uso ornamental, e que presenta follas coriáceas, dispostas de xeito alterno, flores pentámeras de cor vermella e froitos leñosos e redondos. É orixinaria do S do Xapón.

    2. Flor da planta homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Porphyrio, da familia dos rálidos, de patas e peteiro grande, cunha prolongación superior en escudo e de cor vermella.

    2. Ave de peteiro grande e vermello e patas vermellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao corpo metálico de cor vermella ou branca por efecto das altas temperaturas.

    2. Que ten moita forza ou viveza por suscitar interese ou estar de actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.

    2. Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.

    3. Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.

    4. Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.

    5. Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.

    6. Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.

    7. Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.

    8. Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.

    9. Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. Teñen a misión de elixir o sucesor do papa tras a súa morte, nun conclave convocado con este fin.

      1. Ave da familia dos frinxílidos, de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.

      2. Cardeal coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo e as partes superiores gris azuladas.

      3. Cardeal co peito e mitra de cor carmín rosada e o resto do corpo castaña avermellada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de cor vermella escura, tirando a violeta.

    2. Pigmento de cor que se corresponde cun vermello vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO