"Urais" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 264.

    1. Serie de acontecementos ou fenómenos que se suceden e repiten ordenadamente.

    2. Período de tempo que xa se dá por concluído e a partir do que se comeza a contar de novo.

    3. Conxunto de actos culturais que se celebran en relación cun mesmo asunto ou tema.

      1. Conxunto de composicións poéticas, narrativas ou dramáticas relacionadas entre si segundo un criterio temático, cronolóxico ou mesmo de autoría.

      2. Conxunto de narracións ambientadas na Corte de Carlomagno e dos Doce Pares de Francia, que recibiu, así mesmo, o nome de materia carolinxia ou materia de Francia. A obra máis coñecida da materia carolinxia constitúea a Chanson de Roland.

      3. Conxunto de narracións medievais, en prosa e verso, que toman como eixe temático a guerra de Troia. A obra que lle serviu de inspiración ao ciclo troiano foi a Ilíada de Homero.

      1. verticilo.

      2. Número de membros, en filotaxe, dunha espira xeratriz.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectívora da familia dos apódidos, de ás longas e estreitas con forma de fociño, peteiro curto e ancho e patas curtas, cuxa plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca, e a cola é gallada e curta.

    2. Ave da familia dos hemiprócnidos, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega.

    3. Ave da familia dos apódidos, coa mitra de cor branca.

    4. Ave da familia dos apódidos, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais.

    5. Ave da familia dos apódidos, coa gorxa e o ventre brancos e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo.

    6. Ave da familia dos apódidos, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de criar pombas para potenciar as súas calidades naturais de orientación empregándoas como mensaxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorio dotado dunha serie de similitudes e afinidades que o singularizan, xa sexan as relacións de veciñanza establecidas entre os lugares que o forman, unhas certas condicións naturais ou a persistencia de demarcacións históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por diversos elementos.

    2. Que é difícil de solucionar ou entender pola súa complicación.

      1. Conxunto de establecementos agrupados nunha zona determinada e cunha coordinación común.

      2. Conxunto de industrias agrupadas nunha zona determinada.

      1. Conxunto de tendencias inconscientes que determinan as actividades e o comportamento do individuo.

      2. Calquera preocupación máis ou menos obsesiva provocada polos propios defectos físicos, frustracións ou outras carencias.

    3. Composto químico que contén un átomo ou un ión central, xeralmente dun metal de transición, aceptador de electróns, rodeado dun grupo de ións ou de moléculas (ligandos), doadores de electróns.

    4. Conxunto de asociacións que acostuma ter categoría de biocenose.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.

      5. Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.

      6. Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.

      7. Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.

      1. Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título ou dignidade de conde.

    2. Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun conde.

      1. Circunscrición administrativa de primeira orde de Hungría, Irlanda e Liberia.

      2. Circunscrición administrativa de segunda orde en Reino Unido, dividida en distritos rurais e urbanos; e en EE UU, administrada por un sheriff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á propia natureza do ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conservar ou conservarse.

    2. Técnica de preparación dos alimentos para evitar o seu proceso de descomposición e manter o seu poder nutritivo.

    3. Operación que consiste en manter os obxectos artísticos no mellor estado posible, de xeito que se evite o seu deterioro e que prolonguen a súa existencia, ademais de non modificar as condicións estéticas e culturais en que foron producidos.

    4. Conxunto de medidas de xestión que buscan a compatibilidade entre a actividade humana e os recursos naturais, ademais da preservación e da restauración do medio natural.

    5. Instinto que impulsa os seres vivos á loita pola supervivencia e que se manifesta especialmente en situacións de perigo.

    6. Lei que expresa que nun sistema físico o valor dunha magnitude física, como a enerxía ou a masa, permanece constante no tempo durante determinadas transformacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática que consiste na contorsión do tronco e as extremidades para conseguir posturas antinaturais.

    VER O DETALLE DO TERMO