"Sante" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 80.

    1. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, de corpo áxil e musculado e pelame curto, pardo e cun gran número de manchas negras co centro claro. Vive en toda clase de hábitats, tanto en bosques tropicais como en zonas áridas, na montaña e na chaira. Ten unha área de distribución extensa. A maioría das subespecies atópanse en perigo de extinción.

    2. Figura heráldica que se representa pasante coa cabeza de fronte, amosando os dous ollos e caída a borla da cola cara a fóra.

    3. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que se alimenta de pequenos e medianos mamíferos. Habita nas montañas do Himalaia, Afganistán, Pakistán, India, China e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus das aves e dos mamíferos, constituídos por ARN e cunha envoltura proteica. Poden ser axentes causantes de leucemias, sarcomas e outras enfermidades non neoplásticas, mentres que outros leucovirus semellan inocuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte da escritura e da lectura.

    2. Conxunto de obras literarias dun pobo, dunha época ou dun xénero.

      1. Actividade intelectual centrada no estudo da produción literaria.

      2. Disciplina da ciencia da literatura que se ocupa do estudo da literatura máis alá dos límites dun único país e das relacións que se establecen con outros ámbitos do coñecemento.

      3. Literatura destinada a un público infantil.

    3. Conxunto de obras sobre unha materia ou un tema determinado.

    4. Escrito ou parlamento que divaga ao redor dun tema concreto, en que se obvia a parte práctica ou interesante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éter metílico da celulosa que se emprega como espesante en cosmética, como aglutinante en pinturas, como laxante en veterinaria e como aditivo alimentario texturizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar alto desde o que se pode ver un amplo espazo.

      1. Tribuna ou balcón cuberto e pechado con vidros.

      2. Elemento arquitectónico emprazado de xeito que, estando nel, se pode mirar ao lonxe ou contemplar unha vista interesante.

    2. Oco feito nunha parede ou nunha porta por onde se pode ver o que pasa fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mixteco ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mixteco.

    3. Pobo indíxena de América que na época precolombina creou unha interesante cultura (700-1350).

    4. Lingua amerindia que fala o pobo mixteco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esclerose causante de isquemia renal producida por lesións arteriais progresivas e caracterizadas pola destrución dunha gran parte do parénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que busca resolver o problema da relación entre a substancia pensante e a extensa, postulando ao mesmo tempo a intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma cada vez que se produce outro movemento correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pasa.

      1. Persoa que axuda a alguén como auxiliar no exercicio dunha profesión para adquirir práctica.

      2. Avogado novo ou escribente auxiliar dun avogado ou dun notario.

      3. Profesor que pasa as leccións aos estudantes, con quen van estudar os que están a piques de se examinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade de pasante.

    2. Dereito a pasar por un lugar.

    3. Clase particular á que asiste un alumno para repasar.

    VER O DETALLE DO TERMO