literatura

literatura

lat litteratūra

Plural: literaturas
  1. s f

    Arte da escritura e da lectura.

  2. s f

    Conxunto de obras literarias dun pobo, dunha época ou dun xénero.

    1. s

      Actividade intelectual centrada no estudo da produción literaria.

    2. literatura comparada

      Disciplina da ciencia da literatura que se ocupa do estudo da literatura máis alá dos límites dun único país e das relacións que se establecen con outros ámbitos do coñecemento.

    3. literatura infantil

      Literatura destinada a un público infantil.

  3. s f

    Conxunto de obras sobre unha materia ou un tema determinado.

  4. s f

    Escrito ou parlamento que divaga ao redor dun tema concreto, en que se obvia a parte práctica ou interesante.

Citas

  • Todo o seu discurso foi mera literatura