leopardo
leopardo
lat leopardu
-
s
m
[ANIMAL ]
Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, de corpo áxil e musculado e pelame curto, pardo e cun gran número de manchas negras co centro claro. Vive en toda clase de hábitats, tanto en bosques tropicais como en zonas áridas, na montaña e na chaira. Ten unha área de distribución extensa. A maioría das subespecies atópanse en perigo de extinción.
-
s
m
[HERÁLD ]
Figura heráldica que se representa pasante coa cabeza de fronte, amosando os dous ollos e caída a borla da cola cara a fóra.
-
leopardo das neves
[ANIMAL ]
Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que se alimenta de pequenos e medianos mamíferos. Habita nas montañas do Himalaia, Afganistán, Pakistán, India, China e Nepal.