"Rif" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 655.

    1. Glorificación de algo.

    2. Tipo de representación artística de raíz clásica para glorificar un personaxe.

    3. Escena final, montada con profusión de medios, nunha representación dun grande espectáculo.

    4. Acto de elevar un mortal á categoría dos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.

      2. Área que non presenta interrupcións.

      3. Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Zona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares; ligamentos articulares, cápsula articular ou sinovial, que segrega a sinovia que a lubrifica.

      2. Articulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.

      3. Articulación alantoodontoidal humana.

      4. Articulación tarsometatarsiana do ser humano.

    1. Nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.

    2. Unión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión.

    3. Acción de enunciar en artigos separados.

    4. Posición e movementos dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo.

    5. Emisión dos diversos sons dun fragmento musical de maneira que se poidan percibir diferenciados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote romano que predicía o futuro polo exame das entrañas das víctimas ofrecidas en sacrificio aos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sen diferenciación dos sexos.

    2. Que non ten sexo.

    3. Reprodución sen fusión de gametos que adoita verificarse por esporas ou vexetativamente nos vexetais, e por xemación nos animais.

    4. Xeración de individuos que só se poden reproducir asexualmente.OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe asteriforme que aparece en cristais ou en láminas cristalinas talladas perpendicularmente ao eixe principal, debida á reflexión da luz nas estrías ou nas inclusións microscópicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de estrelas próximas.

    2. Fenómeno óptico que consiste na aparición de imaxes asteriformes ou asterias en certos cristais expostos a unha luz moi intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta ou alteración da coordinación dos movementos.

    2. Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.

    3. Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas.

    4. Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.

    5. Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.

    6. Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal.

    7. Ataxia causada por lesións do lóbulo parietal.

    8. Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos.

    9. Ataxia ocasionada por lesión no tálamo.

    10. Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO