"OCU" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1367.

  • Símbolo gráfico, &, que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos amusgos.

    2. Individuo da tribo mixteca dos amusgos.

    3. Tribo mixteca que ocupa unha franxa estreita en medio dos estados de Guerrero e Oaxaca de México ata a costa do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que realiza análises con carácter profesional. Tm s.

    2. Especialista na análise do contido dun documento, especialmente na confección de resumos e na indexación.

    3. Economista especializado na investigación do funcionamento das empresas para deducir conclusións sobre a súa marcha futura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.

      2. Aro pequeno que serve para soster algo.

    1. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

    2. Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

      1. Moldura que rodea os fustes das columnas.

      2. Cornixa en que se apoia a cúpula.

    3. Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.

    4. Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito pluriocular que procede dun ovario súpero, de parte externa dura e lignificada e a interna carnosa, con numerosas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.

      2. Público que ocupa estes asentos.

    1. Edificio romano de planta elíptica, cun espazo central e unha serie de bancadas que o rodeaban separadas por un muro e ás veces por un foso, en que se celebraban diferentes espectáculos públicos.

      1. Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.

      2. Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial.

    2. Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labor ou empresa en que alguén está ocupado ou pola que alguén se preocupa.

    2. Servizo ao que o vasalo estaba comprometido co señor en canto a animais de carga e outros medios de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía da visión binocular caracterizada por unha diferenza nas dimensións que, dun mesmo obxecto, perciben cada un dos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferenza grande do poder de refracción dun ollo respecto do outro que dificulta a visión binocular.

    VER O DETALLE DO TERMO